turismo mariñeiro
Asociación Mulleres do Mar de Poio
A ría de Pontevedra foi desde sempre un dos piares da economía local. Os case 20 quilómetros de litoral forxaron o carácter de Poio, definen a súa paisaxe e ofrécennos os produtos estrela da nosa gastronomía: peixe, mexillóns, ameixas… manxares que chegan ao noso prato grazas ao labor que os homes e mulleres do mar de Poio levan desempeñando durante séculos.
Coas experiencias de turismo mariñeiro coñeceremos de primeira man o traballo das mariscadoras, participando nunha xornada na ribeira.
Experiencia marisqueo:
Desde as praias (os ameixales) do Padrón ou A Seca, acompaña ás mariscadoras para distinguir os diferentes tipos de bivalvo, as técnicas de extracción, os aparellos utilizados, o proceso de clasificación no punto de control…
Experiencia lonxa:
Visita explicada para coñecer a dinámica da Lonxa de Campelo e asistir a unha sesión de subasta do peixe e marisco.
Contacta para concertar datas e horarios:
Asociación Mulleres do Mar de Poio: 622844080 / 646506529.
Porto Deportivo de Combarro
En servizo dende 2008, as instalacións náuticas do porto deportivo de Combarro contan cun total de 334 prazas de amarre en pantalán flotante, con finger, subministro de auga e de electricidade individual.
No ano 2012 o porto deportivo de Combarro foi galardoado co premio “Jack Nichol” á excelencia no deseño de mariñas, por constituír un exemplo de integración urbana e ambiental.
Dende o ano 2017, o porto deportivo de Combarro é a primeira mariña en España certificada con “5 Gold Anchor” por The British Yacht Harbour Association (TYHA). Esta distinción acredita o nivel cinco estrelas tanto das instalacións coma dos servizos e atención aos usuarios da mariña que enumeramos a continuación:
-
-
- Aparcamento subterráneo.
- Control de accesos ao pantalán.
- Subministro de combustible.
- Grúa e travel lift.
- Wifi en atraques.
- Edificio de servizos náuticos.
-
Información de Contacto de MARIÑA COMBARRO.
Teléfono: Oficina – 34 986 778 415 / Mariñería – 34 607 427 726
Correo: comercial@combarromar.com
Páxina web: www.combarromar.com
Porto de Raxó
Pequeno porto mariñeiro situado na parroquia de Raxó, entre as praias de Raxó e Xiorto.
Coordenadas: 42º 24′ 10.0″ N – 8º 45′ 18.0″ W
Enderezo: Igrexa, 18. Raxó 36992
Teléfono: 986 741 344
Fax: 986 741 034
Páxina web: www.portosdegalicia.gal
Porto de Campelo
Pequeno porto mariñeiro situado na localidade de Campelo.
Coordenadas: 42°25’37.9″N 8°41’12.6″W
Enderezo: Campelo, San Xoán de Poio 36994
Teléfonos: 986 721 103 / 669 898 693
Páxina web: www.portosdegalicia.gal
Lonxa de Campelo
Edificio público onde as/os pescadoras/es e mariscadoras/es subastan os seus produtos a compradores maioristas. Pódese visitar de maneira guiada coa Asociación Mulleres Mar de Poio.
Coordenadas: 42°25’37.0″N 8°41’09.5″W
Enderezo: Porto de Campelo, s/n. San Xoán de Poio 36994
Teléfonos: 986 771 437
Correo: lonxadecampelo@gmail.com
Horario de subasta: marisco ás 17:00 e peixe ás 18:00 h.
Asociación Club Náutico de Raxó
Coordenadas: 42°24’11.2″N 8°45’17.4″W
Servizos: Cursos de vela, windsurf e paddlesurf.
: Peirao de Raxó, Raxó 36992
Teléfono: 688 962 088
Páxina web: www.clubnauticoraxo.com
Actividades: cursos de vela, cursos de windsurf, aluguer de kayak, paddleboard, motos de auga e flyboard.