{"id":25605,"date":"2025-08-01T10:12:00","date_gmt":"2025-08-01T08:12:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/2025\/08\/poio-destaca-as-oportunidades-do-turismo-xacobeo-tras-recibir-mais-de-35-000-peregrinos-en-2024\/"},"modified":"2025-11-05T12:52:19","modified_gmt":"2025-11-05T11:52:19","slug":"poio-destaca-as-oportunidades-do-turismo-xacobeo-tras-recibir-mais-de-35-000-peregrinos-en-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/2025\/08\/poio-destaca-as-oportunidades-do-turismo-xacobeo-tras-recibir-mais-de-35-000-peregrinos-en-2024\/","title":{"rendered":"Poio destaca as oportunidades do turismo xacobeo tras recibir m\u00e1is de 35.000 peregrinos en 2024"},"content":{"rendered":"\n<h5 class=\"wp-block-heading\">Roc\u00edo Coch\u00f3n visita os traballos de ampliaci\u00f3n do Albergue \u2018Nuestra Se\u00f1ora del Camino\u2019, en Casalvito, xunto \u00e1 directora Carmen Fuentes e varios h\u00f3spedes, e destaca o potencial econ\u00f3mico e social das Variantes Xacobeas cun turismo \u201cde calidade, internacional, desestacionalizado e sostible\u201d.<\/h5>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concello de Poio reafirma a s\u00faa aposta polo turismo xacobeo como un dos eixes da s\u00faa estratexia tur\u00edstica e, cada vez m\u00e1is, como motor de desenvolvemento econ\u00f3mico e social en pleno crecemento. As\u00ed o destacou a concelleira de Turismo, Roc\u00edo Coch\u00f3n, durante unha visita ao Albergue \u2018Nuestra Se\u00f1ora del Camino\u2019, en Casalvito, onde comprobou os traballos de ampliaci\u00f3n deste establecemento acompa\u00f1ada da s\u00faa directora, Carmen Fuentes, e conversou con alg\u00fans dos peregrinos al\u00ed aloxados.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais dunha opini\u00f3n moi positiva, a maior\u00eda dos peregrinos explicaron que decidiran realizar unha das variantes que atravesan Poio por recomendaci\u00f3n doutros peregrinos, tanto en orixe como durante o propio cami\u00f1o, constatando que o tramo de Poio ten unha excelente reputaci\u00f3n dentro da comunidade de persoas que fan o Cami\u00f1o, o que explica en parte o crecemento exponencial deste tipo de turismo.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As\u00ed, Coch\u00f3n destacou que, segundo os datos recollidos pola Mancomunidade do Saln\u00e9s, Poio recibiu o pasado ano a 35.000 peregrinos, 23.900 na Variante Espiritual e 11.700 pola Ruta do Padre Sarmiento, unhas cifras \u201cimpensables hai uns anos\u201d e que falan do inmenso potencial econ\u00f3mico e social en torno ao Cami\u00f1o con turismo \u201cde calidade, internacional, desestacionalizado e sostible\u201d.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cOs peregrinos forman parte xa da paisaxe de Poio e deixan unha gran pegada. Comen, dormen e compran no noso concello, e fano durante todo o ano, non en tempada alta\u201d, subli\u00f1ou. De feito, os meses centrais do ver\u00e1n hai menos afluencia de cami\u00f1antes, polo que son datas id\u00f3neas para realizar melloras. <\/p>\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">UN ALBERGUE PIONEIRO, EXEMPLO DE EMPRENDEMENTO FEMININO AO REDOR DO CAMI\u00d1O<\/p>\n<\/blockquote>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A responsable de Turismo puxo como exemplo o albergue que fundou e dirixe Carmen Fuentes, pioneiro no municipio. Aberto en 2021, durante a pandemia da COVID, foi o primeiro establecemento en dar este servizo aos peregrinos e actualmente est\u00e1 a acometer unha mellora e ampliaci\u00f3n de habitaci\u00f3ns e lugares com\u00fans. <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No que vai de ano, leva acollido a m\u00e1is de 1.200 peregrinos neste \u201cfogar lonxe do fogar\u201d ao p\u00e9 do Cami\u00f1o, en Casalvito, e \u00e9 un exemplo de emprendemento feminino e de aproveitamento das posibilidades que ofrecen as variantes xacobeas. Ademais, \u201cabriu cami\u00f1o\u201d, xa que nos pr\u00f3ximos meses entrar\u00e1 en funcionamento ao menos un novo albergue de iniciativa privada. <\/p>\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">POIO, O MELLOR LUGAR PARA VIVIR, VISITAR E INVESTIR<\/p>\n<\/blockquote>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Coch\u00f3n resaltou o apoio que se brinda desde o Goberno local aos emprendedores que decidan crear riqueza e emprego ao redor do Cami\u00f1o, ademais de garantir a mellor experiencia aos peregrinos que pasen por Poio.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cA\u00ednda que Poio non \u00e9 actualmente unha das \u2018paradas\u2019 nas Variantes, cada vez m\u00e1is cami\u00f1antes elixen quedar a descansar e desfrutar de todo o que temos que ofrecer\u201d, explicou Coch\u00f3n, recordando tam\u00e9n que despois de descubrir o municipio facendo o Cami\u00f1o, moitos peregrinos volven como visitantes convencionais para pasar uns d\u00edas con familias e amigos.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Neste sentido, destacou as distintas iniciativas impulsadas polo Concello para reforzar o atractivo do municipio como destino xacobeo, como a pr\u00f3xima posta en marcha do Punto de Atenci\u00f3n ao Peregrino, que estar\u00e1 operativo antes de que remate o ano, a mellora da sinalizaci\u00f3n das rutas ou a Campa\u00f1a \u2018No Bo Cami\u00f1o\u2019.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cSeguimos traballando para apoiar aos emprendedores, acoller aos visitantes e facer de Poio o mellor lugar para vivir, visitar e investir\u201d, concluiu.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Roc\u00edo Coch\u00f3n visita os traballos de ampliaci\u00f3n do Albergue \u2018Nuestra Se\u00f1ora del Camino\u2019, en Casalvito, xunto \u00e1 directora Carmen Fuentes e varios h\u00f3spedes, e destaca o potencial econ\u00f3mico e social das Variantes Xacobeas cun turismo \u201cde calidade, internacional, desestacionalizado e sostible\u201d. O Concello de Poio reafirma a s\u00faa aposta polo turismo xacobeo como un dos &#8230; <a title=\"Poio destaca as oportunidades do turismo xacobeo tras recibir m\u00e1is de 35.000 peregrinos en 2024\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/2025\/08\/poio-destaca-as-oportunidades-do-turismo-xacobeo-tras-recibir-mais-de-35-000-peregrinos-en-2024\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Poio destaca as oportunidades do turismo xacobeo tras recibir m\u00e1is de 35.000 peregrinos en 2024\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3711,"featured_media":25606,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[640],"tags":[],"class_list":["post-25605","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25605","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3711"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25605"}],"version-history":[{"count":13,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25605\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27575,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25605\/revisions\/27575"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25606"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25605"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25605"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25605"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}