{"id":25184,"date":"2025-08-11T10:11:00","date_gmt":"2025-08-11T08:11:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/2025\/08\/poio-rexistra-un-71-de-ocupacion-en-xullo-7-puntos-mais-que-en-2024\/"},"modified":"2025-11-05T12:31:42","modified_gmt":"2025-11-05T11:31:42","slug":"poio-rexistra-un-71-de-ocupacion-en-xullo-7-puntos-mais-que-en-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/2025\/08\/poio-rexistra-un-71-de-ocupacion-en-xullo-7-puntos-mais-que-en-2024\/","title":{"rendered":"Poio rexistra un 71% de ocupaci\u00f3n en xullo, 7 puntos m\u00e1is que en 2024"},"content":{"rendered":"\n<h5 class=\"wp-block-heading\">Para o Goberno local, \u201ceste aumento na actividade tur\u00edstica ten que ser compatible con garantir a calidade dos servizos e a calidade de vida da veci\u00f1anza\u201d<\/h5>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O sector tur\u00edstico de Poio rexistrou unha ocupaci\u00f3n media do 71% durante o mes de xullo, un aumento de 7 puntos sobre os datos de 2024 (64,36 %) e de 10 puntos sobre 2023 (60,89%).<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A concelleira de Turismo, Roc\u00edo Coch\u00f3n, cifrou no 67% a ocupaci\u00f3n na primeira quincena do mes e no 75% a segunda quincena, un aumento importante con respecto aos mesmos per\u00edodos dos dous \u00faltimos anos, e recordou que esta subida produciuse ao mesmo tempo que creceron as prazas de aloxamento dispo\u00f1ibles.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Coch\u00f3n quixo destacar tam\u00e9n a puxanza doutras actividades, como o turismo n\u00e1utico, o xacobeo e as visitas \u00e1 Casa-Museo de Col\u00f3n. En relaci\u00f3n \u00e1 primeira, o Porto Deportivo de Combarro tivo o 97% dos seus m\u00e1is de 300 amarres ocupados durante o mes, e a celebraci\u00f3n do Encontro N\u00e1utico do centenario Irish Cruising Club irland\u00e9s. A Marina combarresa colgou xa o cartel de &#8216;completo&#8217; para agosto, co 100% dos amarres reservados.  <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As variantes xacobeas que atravesan o Concello tiveron unha gran actividade, con m\u00e1is de 1.000 persoas que selaron a s\u00faa Compostela no Concello ou no Mosteiro, procedentes de todas as Comunidades Aut\u00f3nomas e de medio centenar de pa\u00edses dos cinco continentes, que nalg\u00fan d\u00eda superaron os 100 peregrinos. Un dato moi positivo, xa que non incl\u00fae fins de semana, festivos e determinados horarios. As\u00ed mesmo, o Museo de Col\u00f3n recibiu 150 visitantes, un tercio deles estranxeiros, coa presenza de acad\u00e9micos, expertos e interesados na teor\u00eda do Col\u00f3n Galego procedentes de Estados Unidos, norvegueses, arxentinos ou brasile\u00f1os.  <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por \u00faltimo, nas oficinas de turismo situadas no Casal de Ferreir\u00f3s, en San Salvador, e na Escola do Campo, en Combarro, as profesionais atenderon m\u00e1is de 2.000 usuarios, cunha porcentaxe cada vez maior de visitantes estranxeiros.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Coch\u00f3n subli\u00f1ou que \u201co sector tur\u00edstico de Poio tam\u00e9n est\u00e1 no seu mellor momento\u201d, con m\u00e1is prazas dispo\u00f1ibles e m\u00e1is visitantes en tempada alta, pero tam\u00e9n o resto do ano, cunha maior internacionalizaci\u00f3n, diversificaci\u00f3n e desestacionalizaci\u00f3n. \u201cUn crecemento que \u00e9 posible grazas ao esforzo coordinado do sector e a administraci\u00f3n local, cunha programaci\u00f3n estival de calidade ou m\u00e1is prazas de aparcamento\u201d. Con todo, explicou que \u201ceste aumento na actividade tur\u00edstica ten que ser compatible con garantir a calidade dos servizos e tam\u00e9n a calidade de vida dos residentes\u201d. Por iso, afirmou polo que o Goberno local continuar\u00e1 vixiando para asegurar o cumprimento das normas \u201ce garantir a a mellor convivencia entre as actividades tur\u00edsticas e a veci\u00f1anza\u201d   <\/p>\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">REFORZO DA OFICINA DE TURISMO DO CASAL DE FERREIR\u00d3S<\/p>\n<\/blockquote>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tam\u00e9n durante este mes a Oficina de Turismo do Casal de Ferreir\u00f3s viuse reforzada coa incorporaci\u00f3n dunha t\u00e9cnica, contratada ao abeiro dunha subvenci\u00f3n da Deputaci\u00f3n de Pontevedra de 7.000 euros.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, renovouse a sinal\u00e9tica e os elementos visuais coa nova imaxe de marca de Turismo R\u00edas Baixas, rede \u00e1 que est\u00e1 adscrita a Oficina.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para o Goberno local, \u201ceste aumento na actividade tur\u00edstica ten que ser compatible con garantir a calidade dos servizos e a calidade de vida da veci\u00f1anza\u201d O sector tur\u00edstico de Poio rexistrou unha ocupaci\u00f3n media do 71% durante o mes de xullo, un aumento de 7 puntos sobre os datos de 2024 (64,36 %) e &#8230; <a title=\"Poio rexistra un 71% de ocupaci\u00f3n en xullo, 7 puntos m\u00e1is que en 2024\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/2025\/08\/poio-rexistra-un-71-de-ocupacion-en-xullo-7-puntos-mais-que-en-2024\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Poio rexistra un 71% de ocupaci\u00f3n en xullo, 7 puntos m\u00e1is que en 2024\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3711,"featured_media":25186,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[640],"tags":[],"class_list":["post-25184","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25184","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3711"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25184"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25184\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27247,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25184\/revisions\/27247"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25186"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25184"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25184"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25184"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}