{"id":25163,"date":"2025-09-11T10:08:00","date_gmt":"2025-09-11T08:08:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/2025\/09\/a-saida-da-vuelta-foi-unha-experiencia-extraordinaria-para-poio-cun-impacto-economico-turistico-e-social-sen-precedentes\/"},"modified":"2025-11-05T12:30:40","modified_gmt":"2025-11-05T11:30:40","slug":"a-saida-da-vuelta-foi-unha-experiencia-extraordinaria-para-poio-cun-impacto-economico-turistico-e-social-sen-precedentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/2025\/09\/a-saida-da-vuelta-foi-unha-experiencia-extraordinaria-para-poio-cun-impacto-economico-turistico-e-social-sen-precedentes\/","title":{"rendered":"A sa\u00edda da Vuelta foi unha experiencia extraordinaria para Poio, cun impacto econ\u00f3mico, tur\u00edstico e social sen precedentes"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">\u00c1ngel Moldes: \u201cPoio demostrou que ten capacidade, ilusi\u00f3n, talento e compromiso para acoller eventos de primeiro nivel. Esta etapa da Vuelta foi moito m\u00e1is que unha cita deportiva: foi un triunfo colectivo e unha oportunidade de cara o futuro\u201d<\/h2>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Poio a\u00ednda segue moi presente a etapa 16 da Vuelta, que se converteu nunha experiencia extraordinaria para o municipio, amos\u00e1ndoo como un aut\u00e9ntico referente deportivo, tur\u00edstico e organizativo. Unha cita hist\u00f3rica, que tivo un impacto a nivel econ\u00f3mico e social sen precedentes, e que se viviu cun ambiente espectacular nas r\u00faas. <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Poio acolleu esta etapa da proba ciclista internacional con gran \u00e9xito organizativo e de participaci\u00f3n. O alcalde, \u00c1ngel Moldes, agradece especialmente o \u201ccomportamento exemplar\u201d da veci\u00f1anza e dos visitantes: \u201cFoi algo incrible. Conseguimos facer historia, amosar ao mundo o mellor de Poio e vivir unha experiencia \u00fanica que uniu a toda a veci\u00f1anza\u201d. <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, tam\u00e9n puxo en valor a participaci\u00f3n da veci\u00f1anza e colectivos locais: Protecci\u00f3n Civil, clubs deportivos, centros educativos \u2014que sa\u00edron \u00e1 PO-308 para animar ao pelot\u00f3n\u2014 e centos de veci\u00f1os e veci\u00f1as que se achegaron a Combarro durante a montaxe, o d\u00eda de descanso e o propio d\u00eda da etapa: \u201cO ambiente nas r\u00faas de Poio foi constante xa desde o luns, cando moitas persoas se achegaban ata a Praza da Chousa para comprobar a montaxe e organizaci\u00f3n dunha das probas m\u00e1is importantes do ciclismo mundial. E xa o martes, d\u00eda da sa\u00edda, o ambiente foi espectacular. Veci\u00f1os e visitantes, grandes e pequenos, afeccionados ao ciclismo, centros de ensino\u2026 Todos quixeron ser testemu\u00f1as desta xornada hist\u00f3rica para Poio\u201d.<\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alcalde subli\u00f1a que \u201ca celebraci\u00f3n desta etapa deixa claro que Poio est\u00e1 preparado para acoller grandes citas e seguir apostando polo deporte, o turismo e a proxecci\u00f3n do noso potencial. Poio demostrou que ten capacidade, ilusi\u00f3n, talento e compromiso para acoller eventos de primeiro nivel. Esta etapa da Vuelta foi moito m\u00e1is que unha cita deportiva: foi un triunfo colectivo e unha oportunidade de cara o futuro\u201d.<\/p>\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">APARICI\u00d3N DE POIO EN MEDIOS E REDES SOCIAIS DE TODO O MUNDO: UNHA PROMOCI\u00d3N CUN VALOR SUPERIOR AOS 4M\u20ac<\/p>\n<\/blockquote>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ser sa\u00edda da Vuelta non s\u00f3 foi unha oportunidade a nivel deportivo, tam\u00e9n a nivel econ\u00f3mico, social e tur\u00edstico. Poio foi protagonista dunha proba que se retransmite en 190 pa\u00edses do mundo, cun mill\u00f3n de espectadores de media por etapa e con mill\u00f3ns de espectadores nas redes sociais. <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As imaxes de Poio difund\u00edronse en todo o mundo. O concello tivo presenza non s\u00f3 en televisi\u00f3n, prensa ou radio, sen\u00f3n tam\u00e9n en medios dixitais e redes sociais. Unha promoci\u00f3n internacional do concello sen precedentes e cun valor que por si mesmo o Concello de Poio non poder\u00eda asumir. Segundo unha consultora especializada, o valor promocional que sup\u00f3n esta visibilidade mundial para Poio superar\u00eda os 4 mill\u00f3ns de euros. Durante a retransmisi\u00f3n da etapa 16, difund\u00edronse imaxes de lugares emblem\u00e1ticos de Poio como Combarro, a Senda do La\u00f1o, o Bosque de Col\u00f3n, a Illa de Tambo, San Xo\u00e1n\u2026 entre outros. A cobertura serviu para mostrar ao mundo a riqueza paisax\u00edstica, cultural e patrimonial do municipio.     <\/p>\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">IMPACTO DIRECTO NA ECONOM\u00cdA LOCAL: PERMITE DINAMIZAR A HOSTALER\u00cdA, RESTAURACI\u00d3N E O COMERCIO<\/p>\n<\/blockquote>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pero ademais de todo o anterior, La Vuelta tam\u00e9n tivo un impacto directo na econom\u00eda local. A\u00ednda que o punto de partida de La Vuelta foi a Praza da Chousa, a proba involucrou a todo o municipio: O helic\u00f3ptero da carreira despegou desde A Seca; outros puntos de Combarro foron protagonistas da sa\u00edda, como a Praza da Chousa, o paseo das Redeiras, r\u00faa Maceiras ou os dous portos; e a caravana e o pelot\u00f3n desprazouse ao longo da PO-308. <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">S\u00f3 a caravana da proba mobiliza a m\u00e1is de 3.000 persoas, entre ciclistas, equipos t\u00e9cnicos, medios de comunicaci\u00f3n e persoal acreditado. Ao coincidir o luns anterior coa xornada de descanso da proba, persoal da organizaci\u00f3n, as\u00ed como alg\u00fans equipos e xornalistas xa comezaron a chegar a Poio desde o domingo, o que supuxo unha ocupaci\u00f3n hoteleira importante en todo o municipio. Esta chegada adiantada permitiu tam\u00e9n dinamizar a hostaler\u00eda e o comercio local durante varios d\u00edas.  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c1ngel Moldes: \u201cPoio demostrou que ten capacidade, ilusi\u00f3n, talento e compromiso para acoller eventos de primeiro nivel. Esta etapa da Vuelta foi moito m\u00e1is que unha cita deportiva: foi un triunfo colectivo e unha oportunidade de cara o futuro\u201d En Poio a\u00ednda segue moi presente a etapa 16 da Vuelta, que se converteu nunha experiencia &#8230; <a title=\"A sa\u00edda da Vuelta foi unha experiencia extraordinaria para Poio, cun impacto econ\u00f3mico, tur\u00edstico e social sen precedentes\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/2025\/09\/a-saida-da-vuelta-foi-unha-experiencia-extraordinaria-para-poio-cun-impacto-economico-turistico-e-social-sen-precedentes\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A sa\u00edda da Vuelta foi unha experiencia extraordinaria para Poio, cun impacto econ\u00f3mico, tur\u00edstico e social sen precedentes\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3711,"featured_media":25164,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[640],"tags":[],"class_list":["post-25163","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25163","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3711"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25163"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25163\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27213,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25163\/revisions\/27213"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25164"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25163"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25163"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25163"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}