{"id":25154,"date":"2025-09-05T10:09:00","date_gmt":"2025-09-05T08:09:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/2025\/09\/a-volta-ciclista-traera-a-mais-de-3-000-persoas-a-poio-coa-saida-da-etapa-16-este-martes\/"},"modified":"2025-11-05T12:30:51","modified_gmt":"2025-11-05T11:30:51","slug":"a-volta-ciclista-traera-a-mais-de-3-000-persoas-a-poio-coa-saida-da-etapa-16-este-martes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/2025\/09\/a-volta-ciclista-traera-a-mais-de-3-000-persoas-a-poio-coa-saida-da-etapa-16-este-martes\/","title":{"rendered":"A Volta Ciclista traer\u00e1 a m\u00e1is de 3.000 persoas a Poio coa sa\u00edda da etapa 16 este martes"},"content":{"rendered":"\n<h5 class=\"wp-block-heading\">O municipio vivir\u00e1 unha xornada hist\u00f3rica que combinar\u00e1 deporte de elite, proxecci\u00f3n internacional e participaci\u00f3n cidad\u00e1, cun forte impacto econ\u00f3mico e medi\u00e1tico. Animan \u00e1 veci\u00f1anza e visitantes a encher as r\u00faas, vivir o ambiente da carreira e participar nun evento \u00fanico. <\/h5>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Poio vivir\u00e1 este <strong>martes, 9 de setembro<\/strong>, unha xornada hist\u00f3rica coa sa\u00edda da <strong>etapa 16 da Volta Ciclista a Espa\u00f1a<\/strong>, un evento que mobilizar\u00e1 a <strong>m\u00e1is de 3.000 persoas, entre corredores, organizaci\u00f3n e medios acreditados.<\/strong><\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O municipio converterase durante unhas horas en protagonista do ciclismo mundial, acollendo un dos eventos deportivos de maior impacto internacional. A cita ter\u00e1 unha <strong>gran repercusi\u00f3n medi\u00e1tica e econ\u00f3mica moi importante<\/strong>, e ser\u00e1 unha excelente plataforma para po\u00f1er en valor o potencial tur\u00edstico, cultural, social e organizativo de Poio. Segundo reco\u00f1ece o alcalde, \u00c1ngel Moldes, \u201cnon se trata unicamente dun evento deportivo, \u00e9 unha oportunidade \u00fanica de proxecci\u00f3n nacional e internacional que vai xerar beneficios a m\u00faltiples niveis. O evento ter\u00e1 un <strong>importante impacto econ\u00f3mico, tur\u00edstico e medi\u00e1tico<\/strong>, e supor\u00e1 un escaparate \u00fanico para amosar ao mundo o noso patrimonio, a nosa cultura e os nosos sectores produtivos locais\u201d.   <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, unha das grandes vantaxes para o municipio \u00e9 que <strong>o luns 8 ser\u00e1 xornada de descanso da Volta<\/strong>, o que sup\u00f3n que tanto a organizaci\u00f3n como os equipos <strong>instalaranse en Poio desde o d\u00eda anterior<\/strong>. Isto permitir\u00e1 unha maior presenza medi\u00e1tica, m\u00e1is visibilidade para o municipio e unha chegada progresiva de visitantes e profesionais, cun impacto econ\u00f3mico e tur\u00edstico directo que se prolongar\u00e1 m\u00e1is al\u00f3 da propia etapa. <\/p>\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">SA\u00cdDA INTERNACIONAL DESDE A PRAza DA CHOUSA<\/p>\n<\/blockquote>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A etapa partir\u00e1 \u00e1s <strong>13.05<\/strong><strong> <\/strong><strong>horas desde a Praza da Chousa<\/strong>, onde se instalar\u00e1 o dispositivo principal de sa\u00edda, inclu\u00edndo os aparcadoiros dos equipos, as zonas t\u00e9cnicas, o control de firmas dos equipos e <strong>14 stands de patrocinadores oficiais<\/strong>. Aproximadamente d\u00faas horas antes, iniciarase o percorrido da <strong>caravana publicitaria de La Vuelta<\/strong>, composta por <strong>22 veh\u00edculos<\/strong>, que atravesar\u00e1 a <strong>PO-308 desde Combarro ata A Barca<\/strong>, pasando por San Xo\u00e1n e San Salvador. <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A repercusi\u00f3n medi\u00e1tica ser\u00e1 enorme: est\u00e1n acreditados m\u00e1is de <strong>1.000 xornalistas e fot\u00f3grafos<\/strong>, pertencentes a <strong>305 medios de comunicaci\u00f3n de todo o mundo<\/strong>. A retransmisi\u00f3n chegar\u00e1 a <strong>190 pa\u00edses<\/strong>, cunha media de <strong>1 mill\u00f3n de espectadores por etapa<\/strong>, o que sup\u00f3n unha oportunidade incalculable para <strong>reforzar a imaxe de Poio a nivel internacional<\/strong>. <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201c\u00c9 unha oportunidade \u00fanica para demostrar a nosa capacidade organizativa e proxectar Poio ao mundo. Queremos que esta xornada quede na memoria colectiva como un d\u00eda de orgullo e celebraci\u00f3n para todos os veci\u00f1os e veci\u00f1as\u201d, afirma Moldes, que recorda que sen o apoio incondicional e patrocinio da Deputaci\u00f3n de Pontevedra e da Xunta de Galicia, ser\u00eda impensable este fito hist\u00f3rico.<\/p>\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">PREPARATIVOS E PARTICIPACI\u00d3N CIDAD\u00c1<\/p>\n<\/blockquote>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concello de Poio leva semanas ultimando os preparativos do evento, e coordinando coa Garda Civil, a Polic\u00eda Local e Protecci\u00f3n Civil os <strong>cortes e desv\u00edos de tr\u00e1fico<\/strong> necesarios para garantir o correcto desenvolvemento da etapa, que ser\u00e1n notificados aos centros de ensino e publicados nas redes sociais do concello. Neste senso, chaman \u00e1 colaboraci\u00f3n da cidadan\u00eda para facer os desprazamentos estritamente necesarios e utilizar v\u00edas alternativas \u00e1 estrada auton\u00f3mica. O dispositivo de seguridade da Volta mobiliza arredor de <strong>8.000 efectivos en todo o Estado<\/strong>, garantindo a protecci\u00f3n dos corredores e do p\u00fablico.  <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, durante os d\u00edas previos, xa se est\u00e1n a desenvolver <strong>actividades paralelas<\/strong> para involucrar \u00e1 cidadan\u00eda e crear un ambiente festivo. O municipio v\u00edstese de gala con <strong>decoraci\u00f3ns en r\u00faas, rotondas e edificios p\u00fablicos<\/strong>, mentres que propostas como a <strong>ruta ciclista \u00abPedalea con La Vuelta\u00bb, que se celebra este s\u00e1bado,<\/strong> buscan implicar a todos os p\u00fablicos e fomentar o deporte. <\/p>\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">CHAMAMENTO \u00c1 PARTICIPACI\u00d3N VECI\u00d1AL<\/p>\n<\/blockquote>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><a><\/a>Desde o Concello an\u00edmase a toda a veci\u00f1anza e visitantes a <strong>encher as r\u00faas<\/strong>, vivir o ambiente da carreira e participar nun evento \u00fanico na historia de Poio. \u201cTemos por diante unha ocasi\u00f3n irrepetible para amosar ao mundo os encantos de Poio. Est\u00e1 sendo moi grande o interese e expectaci\u00f3n que est\u00e1 espertando na veci\u00f1anza, e queremos que este luns e martes sexan unha aut\u00e9ntica festa para todos\u201d, engade. <\/p>\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde Poio La Vuelta poder\u00e1 vivirse na Praza da Chousa, no paseo das Redeiras e no Porto de Combarro, onde se poder\u00e1n ver os equipos e ciclistas prepar\u00e1ndose, e na PO-308, entre Combarro e A Barca, para disfrutar do paso do pelot\u00f3n e do ambiente festivo da caravana publicitaria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O municipio vivir\u00e1 unha xornada hist\u00f3rica que combinar\u00e1 deporte de elite, proxecci\u00f3n internacional e participaci\u00f3n cidad\u00e1, cun forte impacto econ\u00f3mico e medi\u00e1tico. Animan \u00e1 veci\u00f1anza e visitantes a encher as r\u00faas, vivir o ambiente da carreira e participar nun evento \u00fanico. Poio vivir\u00e1 este martes, 9 de setembro, unha xornada hist\u00f3rica coa sa\u00edda da etapa &#8230; <a title=\"A Volta Ciclista traer\u00e1 a m\u00e1is de 3.000 persoas a Poio coa sa\u00edda da etapa 16 este martes\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/2025\/09\/a-volta-ciclista-traera-a-mais-de-3-000-persoas-a-poio-coa-saida-da-etapa-16-este-martes\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Volta Ciclista traer\u00e1 a m\u00e1is de 3.000 persoas a Poio coa sa\u00edda da etapa 16 este martes\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3711,"featured_media":25155,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[640],"tags":[],"class_list":["post-25154","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25154","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3711"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25154"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25154\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27219,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25154\/revisions\/27219"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25155"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25154"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25154"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pilgrimpoio.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25154"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}